<aside> ℹ️ Empregamos The Movie Database (TMDB) como fonte de datos. Por este motivo, esta guía explica cómo engadir contido dende a súa páxina web.

Podes descubrir máis sobre TMDB na páxina Que é TMDB?

</aside>

1. Inicia sesión na túa conta

Para comezar, tes que iniciar sesión na túa conta de TMDB. Se aínda non tes unha conta, podes rexistrarte gratuitamente na súa páxina principal.

Untitled

Untitled

2. Selecciona a lingua

Unha vez que iniciaches a sesión, diríxete ao menú. Alí atoparás un botón que che permite seleccionar as túas preferencias de idioma.

<aside> ⚠️ Non saltes este paso, é necesario para poder crear contidos en galego.

</aside>

Untitled

3. Accede ao menú de creación

Ao lado das preferencias de idioma, atoparás a icona +, na que podes premer para engadir unha película ou un programa de televisión novo.

Untitled

Selecciona o que máis se adapte ás túas necesidades, serás redirixido ao sistema de creación de TMDB.

4. Rechea a información

Completa os pasos do sistema introducindo a información que che pide. Non pasa nada se non tes todos os datos, pero intenta introducir a maioría deles! Ao rematar, garda os cambios.

Untitled

<aside> 💙 TMDB conta con moderadores que revisarán a obra, cando sexan aprobados veranse reflexados na páxina web de VOGAL. Grazas por axudarnos a crecer!

</aside>