<aside> ℹ️ Empregamos The Movie Database (TMDB) como fonte de datos. Por este motivo, esta guía explica cómo editar contido dende a súa páxina web.

Podes descubrir máis sobre TMDB na páxina Que é TMDB?

</aside>

1. Inicia sesión na túa conta

Para comezar, tes que iniciar sesión na túa conta de TMDB. Se aínda non tes unha conta, podes rexistrarte gratuitamente na súa páxina principal.

Untitled

Untitled

2. Busca a obra da imaxe

<aside> ⚡ Se xa iniciaches a sesión, podes saltar este paso e acceder rapidamente á páxina de edición utilizando o botón Editar que se atopa na páxina de detalles de cada obra en VOGAL.

</aside>

Unha vez que iniciaches a sesión, diríxete ao menú. Alí atoparás unha icona de lupa que che permite buscar películas e programas de televisión polo título.

Untitled

Selecciona a película ou o programa ao que pertence a imaxe.

Untitled

Untitled

3. Accede ao menú de imaxes

No menú superior da obra, selecciona Medios > Fondos.

Untitled

Untitled

4. Engade unha imaxe

Emprega o botón + para engadir unha imaxe de fondo representativa da obra. Abrirase unha xanela na que poderás cargar a imaxe.

Untitled

<aside> ℹ️ Se experimentas erros, comproba que as imaxes de fondo cumpren cos requisitos indicados.

</aside>

Untitled

<aside> 💙 Pode ser que a imaxe tarde un día en aparecer na nosa páxina web, non te preocupes! O teu traballo verase reflexado, grazas por axudarnos a crecer.

</aside>