<aside> ℹ️ Empregamos The Movie Database (TMDB) como fonte de datos. Por este motivo, esta guía explica cómo editar contido dende a súa páxina web.
Podes descubrir máis sobre TMDB na páxina Que é TMDB?
</aside>
Para comezar, tes que iniciar sesión na túa conta de TMDB. Se aínda non tes unha conta, podes rexistrarte gratuitamente na súa páxina principal.
<aside> ⚡ Se xa iniciaches a sesión, podes saltar este paso e acceder rapidamente á páxina de edición utilizando o botón Editar que se atopa na páxina de detalles de cada obra en VOGAL.
</aside>
Unha vez que iniciaches a sesión, diríxete ao menú. Alí atoparás unha icona de lupa que che permite buscar películas e programas de televisión polo título.
Selecciona a película ou o programa que queres editar.
Na sección da dereita, atoparás o botón Editar páxina. Púlsao para acceder á páxina de edición.
É importante verificar que estás editando a versión galega da obra. Podes comprobalo na esquina superior dereita, se o idioma non é o galego selecciónao. Se aínda non existe unha traducción, por favor, crea unha nova.
Consulta os datos e edita aqueles que consideres necesarios. Ao rematar, garda os cambios premendo no botón inferior Gardar.
<aside> 💙 TMDB conta con moderadores que revisarán os teus cambios, cando sexan aprobados veranse reflexados na páxina web de VOGAL. Grazas por axudarnos a crecer!
</aside>